Benvido(a) á Galipedia, a versión en galego da Wikipedia. Este é un
proxecto internacional feito por voluntarios, co propósito de facer
unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos
idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o
coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais. O
desenvolvemento da Wikipedia está aberto a toda persoa interesada en
contribuír. Nesta versión galega, que comezou o 8 de marzo de 2003,
xa temos 75.409 artigos.
A Historia de Galiza comeza arredor do 19 a.C., cando Roma logra
anexionar os pobos galaicos unificándoos e denominando ó seu
territorio como Gallaecia, que acabaría derivando en Galicia ou
Galiza, polo que é considerada como unha das entidades
político-administrativas máis antigas de Europa. O feito de que no 298
d.C. Diocleciano decidira elevala ao rango de provincia consular
supuxo un acrecentamento da súa cohesión política. A súa definitiva
consolidación estatal chegaría no 409 d.C., cando o rei suevo
Hermerico funda nela o primeiro reino de Galiza. A ocupación humana do
territorio é máis antiga, existindo testemuños que certifican o seu
poboamento desde o Paleolítico Inferior. Estas poboacións recibiron
diversos achegas culturais, formando parte na Idade do Bronce da área
cultural atlántica. A finais da Idade do Ferro estas poboacións
autóctonas formaban unha unidade cultural castrexa. Durante os séculos
seguintes Galiza recibiu sucesivos asentamentos, entre os que destacan
romanos, suevos e bretóns. A cultura romana propiciou a formación
dunha nova lingua autóctona, o galego. Ata o ano 1833 mantívose coma
un reino, no ano 1933 recibe o recoñecemento internacional da súa
realidade nacional e desde 1981 organízase xurídica e
administrativamente como unha Comunidade Autónoma dentro do Estado
Español ...
O Alzamento de Pascua foi unha rebelión que tivo lugar en Irlanda
durante a Pascua de 1916. Foi un intento para conseguir independizarse
de Gran Bretaña e a sublevación máis significativa que houbo tras a
Expedición 1798. Organizado pola Irmandade Republicana Irlandesa,
durou dende o 24 de abril ata o 30 de abril de 1916. Membros dos
Voluntarios Irlandeses xunto co pequeno Exército Cidadán Irlandés e o
Cumann na mBan, tomaron lugares clave en Dublín e proclamaron unha
República Irlandesa. Houbo algunhas accións máis noutras partes aínda
que foron de escasa relevancia, agás o ataque aos barracóns do Royal
Irish Constabulary en Ashbourne. Foi sufocado e os seus líderes foron
sometidos a consellos de guerra e executados, pero tiveron éxito en
facer que os políticos irlandeses volveran a tomar en consideración
outra vía de republicanismo a través das armas...
Todo o texto está dispoñible baixo a licenza Creative Commons
recoñecemento compartir igual 3.0; pódense aplicar termos
adicionais. Consulte os termos de uso para obter máis información.
